Filosofía

Sábrego é a nosa terra. A terra do Ribeiro. É onde afunden as súas raíces cepas de vello como a treixadura, o godello, o torrontés… É a terra nai.

Do sábrego que nos rodea á cociña de Sábrego Restaurante: unha aposta decidida por produtos de calidade, receitas baseadas na tradición reinventadas polo noso chef para ser gozadas coa serenidade que achega comer rodeados de viñedos.

O ingrediente final de Sábrego é, sinxelamente, o cariño: o mimo co que se traballa na cociña, na presentación dos pratos; a atención e o trato que o noso cliente recibe na sala; cariño nos pequenos detalles decorativos que crean ao teu arredor un ambiente acolledor… Comer en Sábrego será unha experiencia que gozarás non só co padal, senón con todos os sentidos.

Equipo

Todas e cada unha das personas que traballan en Sábrego Restaurante contribúen a que o noso proxecto sexa especial.

Estamos orgullosos do noso equipo, unha gran familia. Sen eles, sería imposible que gozases a experiencia Sábrego… Preséntochos?

 

marco_varela2

Marco Varela (Chef executivo)

A súa cociña sabe a produto. Isto é, o peixe sabe a mar, a leituga a horta… Nos seus fogóns foxe dos pratos nos que a técnica domina ao sabor… Auténtico, incondicional do produto galego, o chef Marco Varela (Lalín, 1982) recoñece que o mellor sabor é o do recordo, o do guiso da avoa, o que non se esquece.
A súa cociña, en palabras do propio Marco, baséase en tres básicos: “Materia prima excelente, respecto cara ao produto e sabores definidos”.
Xunto co seu equipo, dinámico, xente nova, intentará que a vosa experiencia connosco sexa un gozo para os sentidos. Probamos?

_m9a6171

Jorge e Susana González (Xerente, directora de imaxe e decoración)

Jorge González é o máis novo dos seis irmáns González Vázquez, propietarios de Sábrego Restaurante e da adega e casa de turismo rural Casal de Armán.
Afable, cercano, Jorge é o encargado da sala e coordinador do equipo de eventos. Nesta tarefa, apoiado pola súa irmá, Susana González, o toque feminino neste universo masculino.
Facendo honor á familia numerosa da que proceden e ás ensinanzas dos seus pais, Jorge e Susana recibiranvos cun sorriso e axiña vos farán sentir que formades parte da familia Sábrego.

_m9a5379

Sergio Boada (Maitre, sumiller)

O de Sergio é a palabra. En nada, ten conseguido facerse cómplice do cliente, mantendo as formas e o respecto. El é o encargado de trasladar á sala a maxia que xorde da cociña de Sábrego Restaurante.
A #experienciaSabrego non estaría completa sen o seu asesoramento. Se te deixas levar polas súas suxestións, lograrás, sen dúbida, a mellor maridaxe. Un maitre na súa xusta medida.